Tuesday 23 de April de 2024

Adxudicada a ampliación da rede de saneamento no lugar de Gándara en Oleiros


A xunta de goberno local de Riveira vén de aprobar a adxudicación da ampliación da rede de saneamento en Gándara, lugar situado na parroquia de Oleiros.

A empresa en que recaeu a contratación desta obra resultou ser Tarrío y Suárez, S.L., por un importe de 6.138,03 euros.

As vivendas situadas na zona de actuación carece nestes momentos de saneamento municipal, razón pola que se plantexa a execución dun proxecto consistente na instalación dunha liña de saneamento de 55 metros de lonxitude de PVC SN4 liso de 315 milímetros ata a conexión coa rede xa existente.

O prazo de execución da obra é dun mes.